De ciencia ...

Un nobel demasiado veloz

Severo Ochoa, segundo e último Premio Nobel de Medicina español.
Carmen Felípez López. Alumna 4º ESO. Outubro 2021


O 15 de outubro do 1959, o Instituto Karolinska concedeulles a Severo Ochoa e ao seu discípulo Arthur Kornberg o Premio Nobel de Medicina, alcanzando o mesmo recoñecemento que o seu admirado Ramón y Cajal. Este galardón premiaba os seus descubrimentos sobre o mecanismo da síntesis biolóxica do ácido ribonucleico (ARN) e do ácido desoxirribonucleico (ADN), a través da enzima polinucleótido fosforilasa (coñecida posteriormente como ARN-polimerasa). Os investigadores lograron aislar a enzima e sintetizar con ela ARN in vitro, engadindo os catro compoñentes fundamentales que forman o ARN.


Ochoa contou que, nada máis recibir a noticia, corriu cara o coche para contarllo á súa muller, Carmen. A emoción do momento fíxoo conducir con exceso de velocidade e foi detido por un axente de tráfico. Severo Ochoa contoulle o ocurrido e porqué ía superando o exceso de velocidade, e este, comprensivo, criuno e perdooulle a multa.


Ochoa foi un dos principais nomes dos inicios da bioloxía molecular e o científico que sentou as craves para descifrar o código xenético. Grazas a el, sabemos que este é universal para todos os seres vivos, que se pode modificar e tamén levounos a entender mellor como funciona a vida, explicada a través do coñecemento de macromoléculas.


Severo Ochoa no seu laboratorio

Severo Ochoa no seu laboratorio