De ciencia ...

Cumbre Vieja cambia miles de vidas.

A erupción do volcán da Palma esnaquiza centos de casas ó seu paso.
Brais Fraga Liñares. Alumno 3º ESO. Outubro 2021.


O pasado 19 de setembro chegounos unha noticia que nos deixou a todos cun sabor amargo. O volcán de Cumbre Vieja entrou en erupción deixando a todos os habitantes da Palma cunha preocupación sobre que sería deles e cales serían ós riscos aos que estarían expostos.


A lava foi avanzando pouco a pouco, creando coladas e facendo estragos. Ao comezo facíao con forza, estragando bens materiais como casas e terreos, deixando a familias sen nada, sen os aforros de toda a vida. Despois foi indo máis e máis lenta, pero sen descanso. O pesadelo aínda non rematara. Esta vez enterrou pobos con máis de 50 anos de historia, sepultados baixo un manto de pedras a máis de 1000 graos, sen poder recuperarse, sen unha volta atrás. Todo isto prexudicou ó terreo e á forma xeolóxica da illa, pero non é nada comparado co dano que lle fixo ó ser humano.


O panorama actual é o seguinte: familias sen un teito onde vivir, cultivos estragados, nenos sen poder acceder á educación, coches destruídos e voos cancelados. Un suceso que quedará gravado na pel de todas estas persoas coma se dunha cicatriz se tratase. Moitas familias precisarán apoio psicolóxico de forma urxente para poder manterse nun estado de saúde estable. A pesar da axuda da policía, dos bombeiros, do Estado e incluso a propia solidaridade dos veciños, para os Palmeiros será moi difícil volver á vida que tiñan antes.


E como se todo isto non fose dabondo, a lava chegou ó mar emitindo gases contaminantes e afectando o medio mariño, non só da illa da Palma senón tamén das augas colindantes, levándo consigo o emprego de moitas persoas que tiñan a pesca como forma de vida. As familias seguen loitando co único que lles queda: A ESPERANZA.