A raíz do podcast "Open Mind" presentáronse varios conceptos que poderían contribuír positivamente a frear, ou polo menos intentalo, o cambio climático. Neste artigo voume centrar na opción que se basea no descubrimento de que os bosques mariños, compostos por algas, son uns grandes consumidores de dióxido de carbono. Isto favorece moi positivamente á ciencia, pois pode ser unha boa maneira de afrontar o tan famoso cambio climático.
Tras estes estudos que comproban esta estupenda opción de queima de CO2, os expertos plantean a opción de cultivar algas para que estas consuman o máximo CO2 posible e frear así o quecemento global. As algas mariñas son, polo tanto, unha boa opción en plena crise no Amazonas debido as grandes queimas que se están producindo. Caracterízanse polo seu rápido crecemento e a súa eficacia á hora de almacenar o carbono. Datos dunha empresa andaluza que produce 40 toneladas de biomasa anuais, aseguran que as algas "Arcos de la Frontera" consumen unhas 200 toneladas de CO2 anuais, o que equivale a unhas 30 hectáreas cultivadas cuns 26.000 árbores. Actualmente a superficie plantada con algas é moi pouca, pero non se descarta aumentala nun futuro non moi lonxano.
Esta é unha investigación moi interesante pois, despois de tantos anos traballando en técnicas con biotecnoloxía para afrontar o crecente cambio climático, dámonos conta de que tiñamos a resposta máis cerca do que pensabamos: nunha planta maríña que temos visto mil veces nas praias. E cuns resultados moi impresionantes, pois dise que se cultivamos estas plantas, deixamos que cheguen a súa madurez e as afundimos no mar, ademais de enterrar durante miles de anos esas emisión de dióxido de carbono, tamén serían capaces de combater contra as emisións de carbono da crecente industria internacional.