De ciencia ...

O enigma da cadea evolutiva

Svante Pääbo, unha vida dedicada á investigación
María Rey Villar. Alumna 4º ESO. 2022


Svante Pääbo (Estocolmo, 20 abril de 1955), é un biólogo sueco-estonio especialista na xenética evolutiva humana. Estudou na universidade de Uppsala (Suecia) onde conseguiu o seu doutoramento no ano 1986 e anos máis tarde convértese no Director de Departamento de Xenética do instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva en Leipzig (Alemaña).
O científico foi premiado a os 67 anos có Premio Nobel de Medicina 2022, debido ó descubrimento sobre o xenoma de homínidos extintos e a evolución humana.
Svante Pääbo explicaba a dificultade que posuía este descubrimento no documental “Primeros Pueblos”, debido á corrosión dos restos humanos anteriores ao “homo sapiens” e a interacción dos fungos e bacterias con estes.
Para a súa investigación, o científico analizou fragmentos de ósos neandertais de fai uns 40000 anos, xa que conservaban de boa maneira o código de ADN e, ademais, comenta que lle serviu de axuda o canibalismo da época.
Pääblo empregou utensilios de alta tecnoloxía para analizar os fragmentos de ósos de ADN e laboratorios asépticos para evitar contaminar as mostras escollidas. Para iso analizou miles de fragmentos de ADN e empregou diversas técnicas que eliminaban xenes modernos contaminantes.
Ao finalizar este longo e complicado proceso, Svante Pääbo chegou á conclusión de que os “homo sapiens” tiveron descendencia con neandertais e, ademais, na miña opinión, fixo un gran avance para a historia; confirmou a existencia doutra especie homínida que habitou principalmente no continente asiático: os denisovanos.
Por tanto podemos afirmar que Svante Pääbo é un gran científico que, a pesar dos seus 67 anos de idade, conseguiu un gran avance técnico para a ciencia e tamén para a historia: demostrou a existencia do eslavón perdido entre sapiens e neandertais na cadea evolutiva.