De ciencia ...

A ciencia para a felicidade

Non sempre é sinxelo acadar a ledicia dun fillo
Brais Fraga Liñares. Alumno 3º ESO. 2022


Non todo o mundo ten claro se quere ou cando quere ter fillos. Mais cando unha parella, debido a determinadas circunstancias, non pode telos, é entón cando realmente nos decatamos e valoramos as diversas técnicas que a ciencia nos propón.
Debido ao aumento da calidade de vida, a incorporación da muller ó traballo e a idea que se foi creando coa constante evolución da sociedade sobre gozar antes da vida e despois, se cadra, ter fillos, son únicamente uns dos moitos factores que interveñen na decisión, cada vez máis xeralizada, de retrasar a idade de ter fillos. Ás veces aprázase tanto que un ou os dous proxenitores non se atopan nas circunstancias para poder dar á vida aos seus descendentes.


Aínda que son moitos os factores da incapacidade de ter fillos, un deles, como nomei antes, foi o da idade. Mais faltan outros moitos por contar. O principal, as enfermidades. En caso de que unha parella sufra destas circunstancias terá á súa disposición a ciencia, disciplina que, co paso do tempo e a investigación realizada por moitos científicos, foi capaz de crear diversos sistemas que permiten a estas persoas ter descendentes: a reprodución asistida e a FIVTE entre elas.


O primeiro embarazo mediante FIVTE deuse en Melbourne en 1973. Isto representa a evolución que estas técnicas foron sufrindo e á súa vez a felicidade que deixou en moitas familias. A pesar de haber diferentes variables da reprodución asistida, o esquema sempre ten algo en común: polo xeral, extrae os óvulos do corpo dunha muller que se mesturan despois con espermas para producir embrións. Pese a todo este proceso ten desvantaxes, como un embarazo múltiple e un gran desembolso económico para os que desexen utilizar este proceso.


Debido á importancia destas técnicas e ó seu elevado prezo, creo que deberiamos concienciar á poboación sobre elas para que non queden desapercebidas ou infravaloradas, senón que debemos darlle voz e loitar polo dereito a poder crear vidas dunha forma máis accesible para todos os interesados. Non só se trata das parellas heterosexuais, tamén das homosexuais, quen solo poden ter fillos mediante tres maneiras: a adopción, a reprodución asistida e a FIVTE e todos deberíamos poder gozar dun fillo se é iso o que desexamos.