De ciencia ...

Bioenerxía contaminante?

É a biomasa unha fonte de enerxía tan limpa coma nos din?
Ramiro Queijeiro Castro. Alumno 4º ESO. 2022


A biomasa, ou bioenerxía, é a enerxía que se obtivo a partir da materia orgánica dos seres vivos, e ésta utilízase sobre todo na transformación de calor en outras enerxías, tamén como materia prima para a produción de productos químicos ou en aparatos específicos para o uso da biomasa.


A biomasa búscase transformala mediante un proceso de combustión e nesta transformación prodúcense substancias que poden chegar a ser dañinas para o medioambiente, en función de cales foran as materias primas empregadas, pero a diferencia doutras fontes de enerxía como os combustibles fósiles, o dióxido de carbono que se produce é devolto a atmosfera e non agrava o efecto invernadoiro. A biomasa tamén produce algúns compostos como os óxidos de azufre que poden dar lugar á choiva ácida, pero esta ao queimarse a unha temperatura menor ca outros combustibles fósiles, produce menos óxidos de nitróxeno que tamén son culpables do fenómeno xa mencionado. Na combustión da biomasa prodúcense cinzas coma productos sólidos. A retención e tratamento destas substancias poden contaminar a auga e o solo debido as substancias tóxicas que posúen, sendo moi necesario un intenso control para o tratamento das substancias.


Podemos ver que a biomasa ten os seus beneficios e tamén os seus defectos, pero que non a fan moi distinta doutras fontes en canto ao seu dano cara o medioambiente. Para que esta enerxía fora unha revelación, sería necesario un control e adopción de medidas para estes procesos de combustión.


Planta de bioenerxía

Planta de bioenerxía