A bulimia é un trastorno alimenticio polo cal unha persoa ten episodios regulares de inxerir unha gran cantidade de alimento, tamén chamados atracóns, durante os cales sente unha pérdida de control sobre a comida. Seguidamente, sente medo ou culpabilidade sobre o deglutido e, de diversas formas, busca evitar o aumento de peso seguindo unhas dietas ilóxicas (recurrencia aos vómitos ou á consumición de laxantes).
O 90% dos casos son en mulleres. É máis habitual en xóvenes e no inicio da idade adulta, sendo a excepción casos infantís ou na maioría de 40 anos. Os pacientes tenden a ocultar os síntomas e non se sinten cómodos coa búsqueda de axuda, polo que moitos enfermos non foron diagnosticados debido a que o seu peso e condicións son normais, pero non para eles mesmos.
Non obstante hai síntomas que nos poden alertar da presenza da enfermidade: unha alta preocupación pola comida e desexos incontrolables por comer, consumindo desmedidas cantidades en acortados períodos de tempo. Outros síntomas psíquicos poden ser a fatiga constante, cambios en patróns de sono, irritabilidade ou perdas de rendemento laboral.
O tratamento máis usado combina a psicoterapia e os fármacos antidepresivos. A terapia cognitivo-conductual, TTC, axuda a cambiar esa tendencia a dietas extremas e ás actitudes co peso e a figura física, combate psicopatoloxías coma a depresión, a baixa autoestima ou o abandono das relacións sociais. A enfermidade asóciase co aparato dixestivo posto que pode causar danos nos dentes polos ácidos estomacais expulsados nas náuseas, trastornos gastrointestinais coma a irritación do colon, pancreatite, roturas esofáxicas ou danos a órganos vitais tales coma o fígado e o ril.
Soemos escoitar que a bulimia só é un trastorno psicolóxico pero comprobamos que tamén afecta de diversas formas ao aparato dixestivo. Para os bulímicos non é traballo fácil lidiar coa súa enfermidade. Sóena manter en segredo e sen buscar axuda, a cal precisan, e moita!.