A película
HAL-9000, o ordenador máis avanzado xamais construído, será o encargado de dirixir a viaxe cara a Xúpiter dunha expedición científica que trata de desentrañar o misterio dun estraño monolito atopado anos antes na superficie da Lúa. Os tripulantes da nave terán que enfrontarse ás preguntas case que “humanas” de HAL. Unha Odisea que abrangue dende os primeiros pasos do home na Terra ata as súas viaxes ata os confíns do Sistema Solar.
O director
Stanley Kubrick nace nun barrio do Bronx de Nova Iorke no 1928 e morre na súa casa de Inglaterra no 1999. Considerado un dos máis influíntes directores da historia do cine, caracterizouse polo seu perfeccionismo e intensa investigación na produción das súas películas. En corenta e seis anos de profesión filmou tan só trece longametraxes dentro dos cales están os famosos Espartaco, A chaqueta metálica, A laranxa mecánica e O resplandor.
O ollo que todo o ve. HAL 9000
Stanley Kubrick