Usuario
INVITADO

SEMANA DA PRENSA 2019

Ana García

Fotógrafa da Voz de Galicia


A fotógrafa de La Voz de Galicia será a primeira en abrir a Semana da Prensa deste ano 2019.
Incansable e traballadora, a xornalista carballesa abarca co seu traballo toda a vida diaria das nosas comarcas, tanto no que se refire a política, deportes, sociedade….
É moi complicado non vela en calquera actividade das nosas comarcas. Pero ademáis do seu traballo xornalistico, tamén destaca en fotografía artística, con múltiples exposicións nos últimos anos e algunhas das súas fotografías foron seleccionadas de entre as 6.016 presentadas para formar parte das 365 que integran o libro PhotoPills Awards-Legado 2017, unha coidadísima publicación que pode verse online.


Cristina Abelleira

Xornalista da edición carballesa da Voz de Galicia


A xornalista carballesa, na actualidade encargada de prensa do Concello de Carballo será a segunda das ponentes na semana da prensa.
Máis de media vida profesional ligada a edición carballesa de La Voz de Galicia, agora dou un importante xiro na súa carreira profesional para levar toda a actividade xornalística co Concello de Carballo, dende a parte política ata os deportes, pasando por toda a actualidade que xenera o noso concello.


Óscar Losada

Director da revista deportiva Zona Press


Tamén é reponsable dos premios Zona Press. Óscar é un dos xornalistas deportivos de referencia da cidade da Coruña e unha persoa moi activa, como o demostra o feito de que incluso ten publicado algún libro, como o “O baloncesto no cine”.


Fran “Cañotas” Rego

Xornalista da TVG


Licenciado pola USC será o encargado do peche da actividade.
Unha das caras máis familiares do programa de Galicia en Goles no fin de semana departirá cos alumnos de 3º de ESO sobre o seu traballo como xornalista deportivo na canle televisiva máis vista na nosa comunidade.

Centro Privado Concertado ARTAI | Curso 2018-2019 | Tfno: 981703260 | mail: cpr.artai@edu.xunta.es