30ª SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA (do 5 ao 9 de marzo)

Dende o luns cinco de marzo e ata o venres nove de marzo os centros educativos galegos conmemoramos a Semana da Prensa na Escola, unha iniciativa instituída como celebración oficial dentro do calendario escolar no ano 1988, impulsada por La Voz de Galicia.

Grazas a esta efeméride, miles de escolares complementarán os seus libros con exemplares de periódicos, convertendo a prensa nun elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo con iso o sentido crítico de nenos e mozos.

Este ano teremos uns invitados moi especiais polo seu traballo como xornalistas e pola súa especial vinculación coa nosa comarca. Cinco serán os periodistas que nos acompañarán esta semana de marzo para lembrarnos a importancia que ten a información.


Toni Longueira

Xornalista e redactor de "La Voz de Galicia"

Nacido en Barcelona no ano 1971, o noso primeiro relator é licenciado en Ciencias Económicas e ten o Máster de Periodismo de La Voz de Galicia. Leva dende o ano 2006 traballando neste periódico, o de máis tirada de Galicia e entre os primeiros de España.
Toni leva varios anos como redactor da edición local de La Voz de Galicia, alternando información deportiva xunto coas outras seccións da edición local. É un profundo coñecedor da realidade local, estando ó pe da información en calquera circunstancia. Na actualidade céntrase nas noticias de actualidade, as de información municipal e tamén sucesos. Tamén colabora na sección de deportes.



Fran Hermida

Xefe da sección de Deportes da Cadena Ser en A Coruña

Nacido en Corcubión o actual xefe de deportes da “Cadena Ser” de A Coruña está ligado ao mundo da comunicación das nosas comarcas dende moi novo. Foi unha das voces que relanzou o deporte comarcal dende os micrófonos de Ser Nordés, dando protagonismo a todos os deportes dende ese dial nas tardes de luns a venres. Seguindo a estela doutra dos grandes voces do periodismo ,Fran fixo que o deporte das comarcas de Bergantiños e sobre todo Soneira e Fisterra tiveran o protagonismo que merecían, con especial importancia as entrevistas e sobre todo nos faladoiros, onde foi capaz de reunir a “pesos pesados” do deporte. As galas do deporte, celebradas nos meses de xuño, como final das temporadas convertéronse en acontecementos sociais e el foi un dos protagonistas das mesmas.
Seguindo con esa faceta profesional dou o salto a cidade, A Coruña, onde desembarcou para seguir co se particular estilo e coa súa profesionalidade para seguir dando a información deportiva da cidade herculina onde destaca sobre todo pola información do Deportivo. Pero como non todo é traballar, Fran Hermida tamén foi un gran deportista, onde militou no equipo de baloncesto de Corcubión xunto cos míticos xogadores da comarca de Fisterra como Pepe, Santi, Trillo,… e cos intensos “derbis” contra o Axencia AM de Baio. Pero dentro da súa variedade de estilos, tamén atopamos a Fran como monologuista, nos primeiros tempos desta corrente que irrompeu con forza no século XXI e foron moi comentadas as súas participacións no programa da TVG, O rei da comedia, onde era un dos seus humoristas.



Ubaldo Cerqueiro

Director do diario dixital "Que pasa na costa".

Ubaldo tamén naceu en Corcubión, como o xornalista Fran Hermida, no ano 1981. Un dos pioneiros na información a través de internet e co seu portal quepasanacosta.com, ofrece a información detallada e precisa do que acontece nas nosas comarcas dende o ano 2007. Neste portal ,en continuo crecemento, atopamos as novas da actualidade, as principais noticias deportivas (unha das seccións con máis tráfico e con máis visitas do portal), culturais, con artigos de opinión,…
Formado no eido das Ciencias, as historias viaxeiras dun típico estudante Erasmus, convertéronse nas súas primeiras crónicas. E de Polonia, a Corcubión, un cambio radical para un rapaz criado no seo dunha familia urbana coruñesa. Dende 2007 “coida” o diario dixital da Costa da Morte Que pasa na Costa. Foi aprendendo polo camiño, primeiro no seo da empresa Galinus, Taller de Comunicación, e dende 2011 como autónomo. Redacción, investigación, community manager, traballo comercial, administrativo, de coordinación, de recursos humanos... e escribir, sobre todo escribir, que é o que máis lle gusta gusta. Nun proxecto coma este, cómpre facer de todo, pero o máis gratificante para él é poder falar cun alcalde ou un responsable da Xunta, de igual xeito que o fas co último veciño do lugar máis recóndito dun concello esquecido do occidente galego. O trato directo ca xente e a súa experiencia no mundo das novas tecnoloxías permítenlle facer outra das cousas que lle fascinan: a formación. A alfabetización dixital (un reto común con QPC ) con pequenos, maiores ou colectivos desfavorecidos é un desafío cheo de ilusión. Traballa para Concellos, Asociacións, e entidades como a Cruz Vermella ou a Fundación Érguete, e os cursos impartidos a colectivos de redeiras, desempregados, inmigrantes ou presos, convértense en experiencias de aprendizaxe infinita.



Mabel Montes

Integrante do equipo de "O Tempo na TVG"

Para a charla do xoves seguimos recorrendo a xornalistas das comarcas do sur e así temos a sorte de contar con Mabel Montes, nacida en Lamas, no concello de Zas, no ano 1976, é unha das encargadas de darnos a información meteorolóxica na TVG dende fai uns anos. Dun modo simple e sinxelo danos a información do tempo, algo tan característico de Galicia.



Sheyla Bermúdez

Xornalista

Rematamos a semana cunha charla moi especial para todos os que formamos parte do Centro Artai, pois Sheyla foi alumna (ó igual que o seu irmán Esteban) do noso centro e e como ela mesmo dixo, dende que estaba en 6º de Primaria xa sabía o que quería facer, Xornalismo. Nacida en Carballo no ano 1996 pese a súa xuventude acumula experiencia e coñecemento sobre o mundo do xornalismo. Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela xa estivo como redactora en Riazor.org no ano 2016 e nos meses de verán do ano 2017 foi redactora en La Voz de Galicia, na delegación de Carballo. Na actualidade é redactora e locutora na Radio Galega na que leva dende o mes de novembro.


Centro Privado Concertado ARTAI | Curso 2017-2018 | Tfno: 981703260 | mail: cpr.artai@edu.xunta.es