SEMANA DA PRENSA

José Manuel Ferreiro

Redactor da sección de Deportes de La Voz de Galicia dende o ano 1987

É a voz do deporte da nosa comarca sen ningún tipo de dúbidas e de discusións. Vinculado ao periodismo e ao deporte, onde o seu currículo daría para facer un libro, foi porteiro no Deportivo Carballo e no Bergantiños na liga de Rexional Preferente e na Costa, na SD Esteirana, onde foi campeón da Liga da Costa, no Alético Arteixo e no Buño. No fútbol sala en Carballo foi un dos pioneiros co equipo de Muebles Pombo onde gañaban tódolos anos e tamén no fútbol sala estivo nas seleccións provinciais e galegas, coa que se enfrontou a Brasil na Coruña. No mundo do periodismo, dende moi novo, traballou no "El Ideal Gallego" na súa implantación en Carballo na rúa Vázquez de Parga, pasando despois aos estudos de Antena 3 na avenida de Bergantiños e posteriormente á edición de "La Voz de Galicia" onde leva compatibilizando o seu traballo como redactor co de locutor. A través das súas crónicas podemos coñecer a historia dos equipos máis representativos da comarca nos últimos trinta anos, o que nos da unha idea da súa importancia para o deporte comarcal.
Incansable traballador, é a persona que atesora máis información do noso deporte nas tres últimas décadas, engadindo un inxente arquivo fotográfico e unha memoria para calquera información que queiramos saber sobre algún equipo ou sobre algunha disciplina deportiva que teña algún representante carballés.
Recentemente recibiu por parte de La Voz de Galicia o recoñecemento polos 25 anos de traballo no medio escrito de máis difusión de Galicia.


Xurxo Chapela

Xornalista e escritor

Nado en Carballo no ano 1968. Traballou como xornalista na Radio Galega, na Voz de Galicia e no Diario de Bergantiños. Colaborador en distintas revistas coma Luzez, na actualidade informa a través das redes sociais da actividade deportiva dos equipos da nosa vila.
Tamén é escritor e leva publicadas una serie de obras: Con Aroa, o último verán (1999), Follas de Carballo (2011),Primaveira de navallas (2012) e Lémbrome (2016), tendo a súa última publiación unha gran acollida por parte da crítica e do público.
Sen dúbida unha das grandes voces periodísticas e literarias que dou o noso pobo nos últimos anos. As súas crónicas dos partidos dos equipos senior (Bergantiños, Calvo Xiria, EB Xiria,…) son en sí un pequeño relato, unha pequena historia digna dos mellores escritores deportivos do país. A súa visión crítica, o seu coñecemento sobre o deporte e a súa excelente prosa son merecedoras do noso recoñecemento.


Gustavo Varela Añón

Redactor de deportes da TVG

Licenciado en Xornalismo pola universidade de Salamanca, antes de dar o salto á televisión autonómica exerciu como xornalista en La Voz de Galicia na edición de Carballo. Colaborou tamén na sección de baloncesto de Xiria durante varias tempadas e ten publicadas distintas revistas sobre o mundo do fútbol a nivel comarcal e autonómico.
Vencellado ao deporte carballés polo seu coñecemento do mesmo e tamén polos lazos familiares pois tanto o seu pai, Manuel, coma o seu tío, Moncho, foron uns referentes do fútbol nas décadas dos oitenta e noventa. Como tamén o é o seu irmán, Manuel, “alma máter” da Sociedade Deportiva Sofán.
É un dos rostros do deporte na nosa comunidade. A súa aparición nas dúas canles de TVG é constante e tanto retransmite partidos de fútbol, como presenta os deportes nas dsitintas edicións do Telexornal ou unha das xornadas de traíñas.
Ten recibidos númerosos premios xunto cos seus compañeiros de redacción polo traballo de información deportiva e no pasado mes de xuño recibiu o recoñecemento individual por parte da Asocación de Clubes Galegos de Fútbol que lle otorgou o premio Jesús Lodeiro.

Centro Privado Concertado ARTAI | Curso 2018-2019 | Tfno: 981703260 | mail: cpr.artai@edu.xunta.es