FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019.

FONDO SOLIDARIO

Para todo o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.


AXUDAS PARA LIBROS

Para 1º e 2º de Educación Primaria


AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Destinadas ao alumnado matriculado en Primaria e Secundaria


REQUISITOS
a) Estar matriculado no curso 2017-2018 nos niveis citados e non repetir curso académico.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario.
c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 €.

SOLICITUDES
a) Presentarase unha solicitude por alumno/a empregando o anexo I da orde sinalada (pódese solicitar dito anexo no Centro).
b) Xunto coa solicitude debidamente asinada polo pai/nai/titor do alumno deberá presentarse a seguinte documentación:
- Orixinal e copia do libro de familia na que figuran todos os membros da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, no día 31 de decembro de 2015, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar tales como: sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante, certificado ou volante de convivencia, informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia que acredite a situación familiar.
- En caso de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33 %, certificado emitido polo órgano competente.
- Documentación acreditativa de pensión de incapacidade ou da condición de pensionista de clases pasivas.

AXUDAS
A cuantía das axudas é a seguinte:

EDUCACIÓN PRIMARIA 1º e 2º
o Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €; 170 €
o Renda entre 5.400,01 e 9.000,00 €; 90 €
o Alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta; 170 €
o Alumnado con discapacidade superior ao 65%; 250 €
MATERIAL ESCOLAR
o 50 € (exclusivamente para as familias con renda per cápita familiar inferior ou igual a 5.400,00 €
o As familias con renda superior a 5.400,00 € quedan excluídas do vale de material escolar

MÁIS INFORMACIÓN.
Enténdese por renda per cápita familiar a suma de todas as rendas da unidade familiar divididas entre o número de membros computables. Terase en conta a situación persoal e familiar en 31 de decembro de 2016 e o exercicio fiscal 2016. A efectos do cálculo da renda familiar sumarán os recadros 392 e 405 da declaración.

É obriga dos beneficiarios das axudas:
a) Destinar o importe íntegro a adquisición dos libros de texto.
b) Cooperar nas actividades de inspección e verificación da administración.
c) Conservar en bo estado os libros adquiridos e incorporalos ao rematar o curso ao Centro.

A presentación da solicitude comportará a autorización ao órgano xestor para comprobar os datos ao traveso da Axencia estatal da Administración tributaria e farase declaración de reunir os requisitos quedando sometido ao réxime de infraccións e sancións se así non fora.

LIGAZÓNS.
AXUDAS LIBROS web da Xunta


DOG


SOLICITUDE

Centro Privado Concertado ARTAI | Curso 2018-2019 | Tfno: 981703260 | mail: cpr.artai@edu.xunta.es