O 8 de decembro do ano pasado perdéronse seis contenedores dun buque no Atlántico. Arredor de 26 toneladas de pellets foron extraviados no mar. Tanto asociacións ecoloxistas coma concellos e voluntarios dedicaron varias xornadas á limpeza das praias galegas afectadas polo vertido deste material tóxico en augas portuguesas e que agora se estende ata a costa asturiana. Esta situación levou ao Goberno galego a activar o 5 de xaneiro deste ano o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias Inesperadas por Contaminación Mariña de Galicia (Plan CAMGAL), con vixiancia marítima e terrestre do Servizo de Gardacostas, cuxo obxectivo é detectar a presenza destas partículas para recollelas "o máis rápido posible".
Pero, ¿que son os pellets e por qué son prexudiciais?
Os pellets son pequenas boliñas de plástico duns 5 cm empregadas como materias prima para a produción de envases plásticos e que pode ser prexudiciais para a fauna e a flora mariña e terrestre.
Despois de que o Goberno central fose alertado polos servizos de emerxencias do 112 de Galicia, a Central de Coordinación de Salvamento Marítimo de Finisterre iniciou de inmediato unha investigación para identificar a orixe da fuga. Por iso determinouse que os proxectís espallados formaban parte dun colector que se perdeu o pasado 8 de decembro cando o barco de bandeira liberiana TOCONAO pasou polas augas preto de Portugal. A causa do accidente non está clara polo momento.
Segundo o goberno, os avogados do buque recoñeceron este feito ante o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo e informaron de que non tiñan constancia de se o colector se afundiu e, polo tanto, descoñecían o número exacto de bolsas de pellets están esparcidas; así mesmo, o barco que provocou o vertido ofreceuse a pagar a limpeza das praias e colaborar "cando fose necesario".
En conclusión, todos deberíamos ser conscientes de que este tipo de accidentes poden provocar unha catástrofe e que sempre deben pagarse polos danos ou axudar na medida que se poida. Non debemos esquecer que só temos un planeta e que hai que coidalo. Estamos deixando un mal legado ás xeracións seguintes. Debemos comezar a ser conscientes e educar aos nosos fillos para que coiden o planeta como unha prioridade por diante da colonización, o consumismo e o capitalismo. E agora só queda axudar, non buscar culpas.